O PATIO

DE VECIÑAS

ONDE

ATOPÁRMONOS

 
 
 

A Morada é unha cooperativa sen ánimo de lucro no eido social en Vigo. Ofrecemos ás mulleres un espazo de encontro, un lugar de lecer, asesoramento e formación, conectado coa comunidade e onde os coidados estean no centro.

 
 

FEDRA

MAJO

ANA

E MAIS TI

Na Morada abrimos as portas cada día e propomos unha chea de obradoiros e actividades, un proxecto social comunitario e unha baiuca como lugar de encontro. 

 

PARTICIPA

GRUPOS DE MULLERES

Espazo de intimidade no que compartir as nosas experiencias.

BAIUCA e cociÑA VECIÑA

Espazo de encontro (expos, eventos, xuntanzas, colectivos, actividades) e cociña equipada.

OBRADOIROS

Regulares e puntuais: creatividade, danza, ioga, teatro…

ARTES VIVAS

Exposicións, concertos, artes escénicas, poesía…

ACCIÓNS E PROXECTOS

Dinamización comunitaria, colaboración con entidades sociais, formación e obradoiros externos.

PATIO DE VECIÑAS

Espazo de intercambio de saberes: patio de rosmonas, reciclaxe e transformación de obxectos, mostra de proxectos locais. 

MORA CON NóS

Que é A Morada?

É o lugar que un día soñamos, onde estar coas nosas nais e fillas, coas crianzas, as tías, as irmás e as amigas, onde estar coas veciñas…esa comunidade que nos sostén e que sostén a vida. Esta é unha casa-acubillo para sertírmonos seguras, escoitadas e acompañadas. É unha casa-corpo na que recoñecernos, respectarnos e amarnos tal como somos. É unha casa de xanelas abertas polas que entra o mundo e saen as nosas ideas. É o cuarto propio para todas. É o xardín onde sementar e florecer cada primavera. Nesta casa coidámonos en comunidade.

Pero, que son os coidados para nós? Sabémonos interdependentes, todos os seres humanos o somos, dende o nacemento ata a vellez.Coidar e ser coidada é unha faceta inseparable da mesma existencia humana. Por iso dámoslle aos coidados a importancia social e política que teñen. É unha responsabilidade de todas as persoas, pero o modo en que está organizada a sociedade empéñase en cargar ás mulleres con esta tarefa esencial. Atributos como o sacrificio, a abnegación e a renuncia relaciónanse con esta suposta natureza feminina que nos fai asumir o rol de coidadoras.

Pero nós non queremos sacrificarnos por nada nin por ninguén, non queremos abnegarnos nin renunciarnos. Estamos decididas a darlle a volta a esta idea dos coidados.

Porque coidar é coidármonos.

É escoitar aos demais e a nós mesmas, ao noso corpo, a nosa sexualidade, as nosas emocións, desexos e ideas.

É soster entre a comunidade as necesidades de todas, sen deixar que ningunha quede atrás, tampouco nós mesmas.

 
 

É poder parar, poder dicir que non, poder chorar e rir sen sentirse culpable. 

É recoñecer tamén a nosa vulnerabilidade.

E esixir á sociedade que as cargas sexan compartidas en igualdade, tamén é coidar.

Por iso na Morada poñemos ás coidadoras no centro. Facilitamos que poidan ter un espazo e un tempo para si mesmas, mentres, as persoas ás que coidan, están acompañadas por nós.

Nesta Morada non hai normas, pero si acordos e valores que son primordiais para nós:

  • O feminismo como o eixo vertebrador de todo o proxecto.

  • Os coidados como aspecto esencial da vida, conferíndolles a dimensión política que teñen.

  • A diversidade, nutriente esencial para construír un espazo rico en ideas e sentires.

  • A creatividade como a forza que impulsa ao ser humano a crear novas realidades.

  • A igualdade baseada na horizontalidade, onde teñan cabida todas as voces.

  • A inclusión, sustentada na participación activa de todas as persoas.

  • A sustentabilidade e a defensa dun modelo económico que non sexa depredador co mundo. 

  • O humor e a risa como ferramentas liberadoras e combativas.

  • O cooperativismo para xestionármonos democraticamente e contribuír a unha economía social onde as persoas están no centro.

VÉS MORAR CON NÓS?

TECEMOS REDES CON:

INICIATIVAS DE ECONOMÍA SOCIAL

Cooperativas, e asociacións coas que colaboramos.

TECIDO ASOCIATIVO

Entidades sociais da cidade coas que desenvolvemos proxectos.

PARTICIPA

CO TEU

MATROCINIO

A Morada é máis ca un espazo onde impartir e asistir a actividades. Somos unha comunidade en continua construción, un patio de veciñas onde ti tes moito que contar. 

Como matrocinadora contribúes a facer sostible este proxecto. 

Podes participar mediante mensualidades ou pagos anuais ou puntuais, e contas cunha serie de beneficios en forma de descontos ou agasallos:

  • Acceso a espazos e xuntanzas para vós no noso patio de veciñas

  • Uso dos nosos espazos para adestramentos, ensaios, encontros...

  • Uso da nosa baiuca coma "coworking"

  • Prezos especiais nos obradoiros puntuais

  • Acompañamento das persoas ás que coidades de balde mentres asistides a algunha actividade

  • Acceso aos libros da nosa biblioteca en préstamo

Que tipo de matrocinadora queres ser?  

5€/mes

Terás un agasallo de benvida e ademais poderás vir ao patio de costureiras e ao taller de Imaxinaturas

10€/mes

Terás un agasallo de benvida, poderás vir ao patio de costureiras e ao taller de Imaxinaturas e ademais terás desconto en 10% en 1 obradoiro ao mes 

15€/mes

Terás un agasallo de benvida, poderás vir ao patio de costureiras e ao taller de Imaxinaturas, terás desconto do 15% en 1 obradoiro ao mes e do 15% en 1 menú ao mes

20€/mes

20€/mes: Terás un agasallo de benvida, poderás vir ao patio de costureiras e ao taller de Imaxinaturas, terás desconto do 20% en 1 obradoiro ao mes e do 20% en 1 menú ao mes

o que poidas

Se non vives na cidade ou non podes vir pola Morada podes aportar a cantidade que queiras de forma puntual e contribuir á sostibilidade do proxecto e ademais a financiar o noso sistema de bolsas para mulleres que queiran asistir a un obradoiro e pola súa situación non poidan pagalo. Levarás un agasallo moi especial da Morada e o noso amor incondicional

os nosos vales

Cos nosos VALES podes agasallar a quen ti queiras. Temos moitas opcións: unha das fórmulas de matrocinio, un obradoiro, un almorzo, produtos da tenda… e facer crecer/medrar esta comunidade