DINAMIZACIÓN COMUNITARIA

A NOSA PEL QUERE SER VOZ

ACCIÓN PARA O 25N

O 25 de novembro de 2022, Día Internacional contra a Violencia Machista, realizamos unha instalación artística e reivindicativa que foi construida coa intervención da veciñanza e persoas de entidades sociais da cidade que quixeron participar.

Sobre uns maniquíes colocados ao longo da praza as participantes foron pegando papeis con mensaxes escritas ou debuxadas contando experiencias en torno ás violencias contra as mulleres, así, todas estas testemuñas foron cubrindo as figuras a modo de pel.

Nos nosos corpos van gravándose pequenas ou grandes agresións, van quedando as cicatrices, algunhas invisíbeis pero que proen, que doen, que van marcando a nosa pel.

E a nosa pel quere ser voz, queremos falar das nosas feridas, queremos compartilas para recoñecernos nas outras e así poder sanalas.

ROTEIRO 8M

Este 8 de marzo xuntámonos para compartir o día, reivindicar e berrar, construír redes, escoitarnos e acompañarnos, e celebrar a forza que nos une para seguir loitando contra o patriarcado.

Organizamos entre varios espazos feministas da cidade un roteiro no que todas poidamos percorrer lugares de seguridade e ocupar as rúas coa nosa voz e os nosos corpos.