fedra

Fedra é a responsable da área artística e pedagóxica. Licenciada en Belas Artes, dedica a súa vida, entre outras cousas, á ensinanza artística en ámbitos de ensino regrado e non regrado. Durante 7 anos traballa en APAMP, onde desenvolve diferentes proxectos artísticos, implicándose tamén en outros aspectos da atención ás persoas, como a dimensión afectivo-sexual. A creación do grupo As Bandidas  supón unha experiencia transformadora e unha das sementes do xardín da Morada.