LINDY HOP

🕗 Os mércores de 19:30  a 20:45

🎟️35€ AO MES

O Lindy Hop é un baile afroamericano que nace no Harlem dos anos 30. Supón a expresión corporal da música swing, xénero musical que é produto da evolución do primeiro jazz, e é por iso que comparten características e valores.

O lindy hop é conversa coa parella de baile a través do movemento, é escoita, é expresión persoal, é innovación e improvisación, pero dentro dunha linguaxe compartida polas dúas persoas.

Neste obradoiro traballaremos coas bases do lindy hop, aprendendo non só pasos, se non tamén exploraremos camiños para xogar coa improvisación, para comunicarnos coa parella, e para conseguir, a través do baile, unha maior apreciación da música swing.

O lindy hop báilase maioritariamente en parella, pero non é necesario apuntarse en parella. Durante a clase vaise cambiando de parella, e báilase co resto das compañeiras e compañeiros.

👯‍♀️ ANDREA COSTA E ELENA BRANCO:

Elena Branco @‌soy_lajelen fundou a escola Swing On @‌swingonvigo en Vigo hai máis de 10 anos, tras aprender a bailar lindy hop en Oporto. Pouco depois entrou Andrea Costa @‌desastressnaturales como alumna, e a súa evolución foi tan rápida que aos poucos meses comezou a impartir clases. Durante todo este tempo imapartindo clases, continúan aprendendo o baile e os seus valores de comunidade, escoita activa, expresión individual, apreciación musical… e tamén estudando sobre as raíces e o contexto sociocultural no que o lindy hop nace e evoluciona.

Nas súas clases o clima é relaxado e divertido, no que bailar e practicar é ben divertido. As dinámicas son variadas, nas que non só se aprenden pasos, tamén se fan exercicios para traballar o ritmo, a expresión corporal, a impro, a fluidez, a conexión coa parella e coa música… sen deixar de lado algúns momentos para aprender sobre a historia do baile.