MODA RECICLADA

🌼 Chega a primavera e con ela os obradoiros de Lindamanera con María Flores.

Os obradoiros de moda reciclada e instantánea están dirixidos a persoas con ou sen coñecemento de costura. O obxectivo é ensinarlles coñecementos básicos de confección e transformación de prendas para adaptalas á súa estética e talla, adicando un tempo mínimo de execución, Trátase de desacralizar o mundo do deseño e a confección e no caso das corporalidades disidentes, ofrecer ferramentas para poder reclamar o que a moda lle nega por sistema: 🌟roupa bonita e da súa talla🌟

María fai tres propostas diferentes. P̳o̳d̳e̳s̳ ̳a̳n̳o̳t̳a̳r̳t̳e̳ ̳a̳ ̳u̳n̳h̳a̳,̳ ̳a̳ ̳d̳ú̳a̳s̳ ̳o̳u̳ ̳a̳ ̳t̳o̳d̳a̳s̳:̳

𝟰/𝟬𝟰/𝟮𝟰 𝗥𝗲𝗰𝗶𝗰𝗹𝗮 𝗮 𝘁ú𝗮 𝗰𝗮𝗺𝗶𝘀𝗲𝘁𝗮

Neste obradoiro imos transformar de maneira sinxela, camisetas para convertilas nun vestido (vesmiseto), un bolso (bolseta)  o unha saia (saieta) .

Traer👇

👕👕2 camisetas (da talla que uses) +

👘👘2 camisetas (una talla máis da que uses)

𝟮/𝟬𝟱/𝟮𝟰 𝗘𝗻𝘀𝗶𝗻𝗮 𝗮 𝘁ú𝗮 𝗹𝗼𝗿𝘇𝗮

Obradoiro de empoderamiento para corpas disidentas. Farta de non caber nos estándares textiles? No problema, aquí te ensinaremos a intervir as túas prendas  e poder ensinar un bo cacho de lorza cuando queiras.

Traer👇

👗1 vestido +

🧥1 prenda superior (camiseta, chaqueta, sudadera, camisa..) +

👖👖2 prendas inferiores (falda, pantalones, shorts…) +

👕👕2 camisetas

𝟲/𝟲/𝟮𝟰 𝗢𝗯𝗿𝗮𝗱𝗼𝗶𝗿𝗼 𝗱𝗲 𝗺𝗼𝗱𝗮 𝗶𝗻𝘀𝘁𝗮𝗻𝘁á𝗻𝗲𝗮

Neste obradoiro imos desacralizar o mundo do deseño e a moda. Mediante a transformación e  desubicación de prendas, derribando o mito do “eu non sei coser ben”, crearemos unhas prendas a medio camiño entre o vestir e o arte.

👖🧥👕👗👘👚Mínimo 6 prendas por persoa, do tipo que sexan, pero cantas máis mellor!

MARÍA FLORES DE RUS defínese como artista multidisciplinar e señora. Formada no mundo das artes plásticas nos eidos do deseño, moda, ilustración e cerámica. Recicladora oficial dende os 2000, non entende unha forma de vestir que non inclúa a preocupación polo medio ambiente e as condicións de producción.

🎟️35€ cada obradoiro | 30€ cada obradoiro para matrocinadoras | 90€/ os 3 obradoiros