PATIO DE VECIÑAS

Espazo para rosmar, intercambiar saberes e gozar en comunidade

PATIO DE ROSMONAS

Os mércores de 18-19h

“Eu xa rosmaba desde ben pequena, ao final dunha bronca inxusta (ou non...) do meu pai era sempre " e non rosmes que inda vai ser peor" e eu pechábame na miña habitación e rosmaba as inxustizas do mundo no lugar de gritalas ós catro ventos. Rosmaba as diferencias cos meus irmáns cando nena, rosmaba o non poder saír coma eles de adolescente, rosmaba as diferencias salariais cos meus compañeiros de adulta, e logo estaban a rosmada íntima, aquela que tiña que ver ca liada do pensamento, coas augas turbias da cabeza que non acougan ata que as botas fora, as culpas, as responsabilidades, as dores, o que camiño escoller, o como falar, o que facer ante situacións que as veces parecen inabarcables... Pero cando chegaba onde as miñas amigas deixaba de rosmar e podía falar en voz alta, e desenrolar o fío dos meus cabreos para confirmar con elas que non estaba tola, que tiña razón no montón de inxustizas e cansancios infinitos que me producían estas situacións, e acababamos infundíndonos azos e planeando accións imposibles que moitas veces levábannos a facer algo mais pequeno que o imposible ou no peor dos casos facíanos rir a cachón imaxinándoas...

E iso queremos facer na Morada, un grupo de rosmonas para falar en alto destas situacións da vida diaria que nos fan rosmar nun momento dado, que nos acenden, que nos indignan o confunden, pero que nos temos con quen desafogalas en alto, inda que so sexa para sacalas da cachola, ou quen sabe si para preparar unha acción que converta o rosme en berro.

Son Majo, unha rosmona de moito pistón e longo percorrido, e propóñovos un akelarre de rosmonas, que treme o mundo”.

RECICLAXE E TRANSFORMACIÓN DE OBXECTOS

Os xoves de 17-21h

Un espazo no taller de arte onde vir a intercambiar os teus saberes.

Poden participar as matrocinadoras.

Contamos cunha pequena biblioteca con libros de autoras moi diversas: novela, poesía, banda deseñada, ensaio, pensamento feminista…

Están disponibles para ler no noso local pero tamén, se es matrocinadora, podes levalos para casa.

BIBLIOTECA FEMINISTA