COIDANDO O NOSO SOLO PELVIANO

🗓️ Sábado 11 de maio

🕓 10.30- 13.30h con descanso

🎟️ 20€ / Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.

Este obradoiro é un convite a conectar con esta zona do noso corpo. Aprenderemos a recoñecer as principais problemáticas do solo pelviano e levarémonos para a casa ferramentas sinxelas, a través de exercicios e de hábitos posturais saudables,  cos que comezar a coidalo e mellorar así a nosa saúde en xeral.

Crearemos un espazo seguro e de confianza, no que ademáis de aprender do Solo Pelviano, compartamos e aprendamos das nosas vivencias dende o respecto e o coidado de grupo. Darlle voz, nome e espazo a esta zona do noso corpo para resignificala.

Material (que ten que traer cada participante):

▪️roupa cómoda

▪️dobre calcetín por se tivérades frío (estaremos sen calzado)

▪️esterilla

▪️un coxín