BAILES DE SERÁN

ANDRÉ ADRIO

Varios grupos:

Os luns 18:30-19:30

Os mércores 17:00-18:00 e 18:00-19:00

Os xoves 17:00-18:00 (INICIACIÓN)

Prezo: 28€

Se vés con crianzas ou persoas dependentes, farémonos cargo de que estean atendidas e a gusto! (De balde para as matrocinadoras e 3€/sesión para as non matrocinadoras)

🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.

Para André Adrio, estas aulas son, por riba de todo, lúdicas. Un espazo para pasalo ben, pero tamén para que as alumnas saian cun dominio das ferramentas básicas do baile tradicional e sintan que o baile é un espazo onde poden expresarse e comunicarse libremente.

Por iso, promove a diversidade, a creatividade e a participación activa na colectividade do baile. Porque, ao final, as foliadas e os seráns non deixan de ser iso: unha colectividade onde desfrutamos entre todas de maneira lúdica.

André Adrio

Bailarín vinculado á danza tradicional galega dende moi novo e con formación en danza contemporánea, clásica e flamenco, ademais doutros xeitos de comunicación a través do movemento.

Foi premiado en distintas ocasións, destacando o Premio Especial VigoPorté, con «Flamenkeando», e o Premio Vaidebaile da Televisión de Galicia.

Desde 2013 dedica a súa carreira á docencia, impartindo danza tradicional en asociacións de Vigo e comarca. Agora continúa explorando novas formas de expresión corporal e busca novas vías para transmitir este legado esencial na Galiza.