OBRADOIRO DE DESEÑO DE BECHOS

montse piÑeiro

📅 Sábado 20 de xuño
🕛 12:00-14:00
💶 40 €

Lanterna Máxica é un proxecto que leva o cinema e a animación a todas partes, ofrecendo obradoiros de creación audiovisual para tódalas idades.

Neste obradoiro monográfico de deseño de bechos observaremos as principais características dos nosos insectos favoritos.

Debuxaremos e recortaremos cada unha das pezas da súa anatomía, definiremos a súa silueta e xogaremos con todos estes elementos para crear un insectario imaxinario colectivo.

Calquera persoa pode participar coas súas propias mans, achegarémonos ás nocións básicas de animación para logo poder empregalas no noso teléfono.