OBRADOIRO de introduccion ao bordado libre
🗓️ Luns, 7 de xullo – 18:00 a 20:00
ou
Martes, 8 de xullo – 11:00 a 13:00
💶 Prezo: 35 € (material incluído)
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Descubre o bordado libre e contemporáneo nun obradoiro pensado para explorar a creatividade sen regras.
💬 Que é o bordado libre?
É unha técnica que rompe cos patróns ríxidos, onde a improvisación, a expresión persoal e o xogo con cores e texturas son o máis importante.
🌈 Que faremos?
Aprenderás puntos básicos e xogaremos creando texturas, experimentando con formas e cores de xeito intuitivo, a través de fíos e outros materiais.
👩🎨 Para quen?
Perfecto se estás comezando ou se queres saír das técnicas máis tradicionais e conectar cunha forma de creación máis libre e persoal.
🎨 Sobre María Meiga
Artista gráfica e ilustradora, nos últimos anos emprega o bordado e os materiais téxtiles como ferramenta creativa e terapéutica.
O seu universo artístico bebe da natureza, o cotián e o xesto, combinando o abstracto e o figurativo nunha linguaxe única.