BORDANDO FEMINISMOS

MARITZA BERTTOLINI

🗓️ Sábado 20 de Abril de 11.00 a 14.00

🎟️ 45€ para non matrocinadoras/ 40€ para matrocinadoras e persoas que xa participaron a obradoiros anteriores.

Materiais incluídos!

🤝🏻Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñener o noso programa de bolsas!

Volve Bordando feminismos con Maritza Berttolini!

Un obradoiro para aprender a plasmar os nosos pensamentos e sentimentos feministas a través do bordado, reivindicando a súa asociación ao doméstico, ao "feminino" e converténdoo  nunha forma poderosa de expresión única.

Aprenderemos o básico do bordado, como ferramentas, materiais e puntadas para crear unha peza impactante.

Os coñecementos previos non son necesarios! Só as ganas de compartir, facer comunidade e aprender.