OBRADOIRO DE BRIKOLAXE E PETISCOS
EXPERIENCIAS NA MORADA
📅 SÁBADO 6 DE XUÑO
🕚 DE 11:00 A 12:30
💶 20€ / 15€ PARA MATROCINADORAS
(INCLÚE TODOS OS MATERIAIS)
Volvemos con outra proposta para compartir unha mañá en comunidade: un espazo de encontro para aprender, conversar e desfrutar xunt@s arredor dun bo petisco.
Nesta ocasión achegámonos ao mundo da bricolaxe nun obradoiro práctico onde aprenderemos a manexar ferramentas básicas como o taladro, a caladora, a serra de man ou a lixadora. Coñeceremos os distintos tipos de brocas e parafusos e poñeremos en práctica todo o aprendido construíndo unha pequena caixa con madeiras recicladas .
E, como sempre, ao rematar haberá petiscos e bebidas para compartir.