INNTENSIVO DE CIRCO
CON ATÍPICO CIRCO E ANA CUERVAS
Venres 30 de xaneiro | 18:00 – 21:00
Venres 13 de febreiro | 18:00 – 21:00
(1 hora e media cada parte)
1 tarde: 30€ / 25€ matrocinadoras
2 tardes: 55€ / 50€ matrocinadoras
Non se require experiencia previa
Obradoiros abertos a todos os niveis.
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Un encontro para xogar, investigar o corpo e descubrir o circo desde o pracer e o movemento 🤹♀️🤸♀️
AS ACTIVIDADES TERÁN DÚAS PARTES:
🤹🏻♀️ PURO CIRCO · con Atípico Circo
Obradoiro multidisciplinar onde experimentaremos con:
Malabares (foulards, pelotas, flower stick, pratos chineses)
Equilibrios (rola bola, barril, bola de equilibrio)
Acrobacia (portés en grupo)
Un espazo para descubrir os beneficios do circo, o traballo colectivo e a confianza no corpo.
👉 Atípico Circo é un proxecto lúdico-educativo que achega o circo a persoas de todas as idades. Claudio Casaccia é malabarista desde 2004 e formador de circo desde 2014. Formouse na École de Cirque de Bruxelles e especializouse en circo adaptado e circo social, traballando en distintos países de Europa e Asia.
🤸🏽♀️ OBRADOIRO DE VERTICAIS · con Ana Cuervas
Un espazo de acompañamento progresivo para descubrir a forza, a fluidez e o equilibrio nas posturas invertidas.
Desde a consciencia corporal e o xogo, exploraremos o corpo desde outra perspectiva, perdendo o medo ás inversións.
👉 Ana Cuervas, con máis de 15 anos de experiencia nas artes escénicas e circenses, participa en proxectos de circo contemporáneo e circo social. É profesora de verticais, trapecio e circo infantil, ademais de profesora de Ioga Integral (500 RYS), integrando ambas disciplinas desde unha visión holística.