COMPOSICIÓN E MONTAXE
VANESA LOZANO
🗓️ Do 19 de outubro ao 7 de decembro (8 sábados) de 10:30 a 12:30
🎟️ 80€ as 8 sesións (pode pagarse en dúas partes)
Proxecto colaborativo e multidisciplinar
O propósito final deste obradoiro é crear e mostrar unha peza de arte, de carácter colectivo, nutrida polas experiencias das participantes dende todos os campos artísticos que desexen estar. Aínda que o fío condutor sexa o movemento, a idea será enfiar linguaxes de todos os campos de acción posibles: artesanía, canto, plástica, teatro, poesía, danza, fotografía, cociña, literatura, deseño, música, ciencia, natureza…
Todas as persoas son creadoras e cada unha asume de maneira consciente ou inconsciente o seu proceso.
Neste obradoiro preténdese xerar un espazo para compartir e reflexionar sobre os diversos camiños de investigación. Será un punto de encontro profundo para expresar dende o colectivo cada unha das necesidades individuais. Propóñese un ámbito de análise, pero tamén de acción, para chegar a un produto final compartido escenicamente e que xere novas reflexións e achegas dende a mirada do público.
Con Vanessa Lozano
Xornalista, bailarina, creadora, docente e investigadora de movementos. Formouse como intérprete no Instituto Superior de Danza de Caracas e na súa plataforma asociada Festival de Danza Postmoderna, comprometéndose con múltiples técnicas: release, klein, bodymindcentering, contact improvisation, movemento auténtico, voo baixo, entre outras. Fixo unha carreira profesional como bailarina nas compañías venezolanas Espacio Alterno, Rajatabladanza, Dramo, Danzahoy, Neodanza e Aktion Kolectiva. Paralelamente, aventurouse e dedicouse á docencia en Caracas dende o ano 2000, formando parte de importantes centros de formación como o Instituto Universitario do Teatro, o Instituto Universitario de Danza e a Universidade Nacional Experimental das Artes de Venezuela. Tamén se dedicou á creación coreográfica, á coordinación editorial e á investigación documental. Desde 2019 reside en Vigo, colaborando artísticamente ata 2021 cos proxectos Leguras e Espazo Corpo. En 2022 retoma a dirección do proxecto de danza: Lapuesta-en Vigo. É profesora en Inex Pilates e na actualidade cursa un máster en Xerontoloxía e atención centrada na persoa na Universidade Internacional de Valencia.