CORPO E ARTE: AS QUE HABITAN EN MIN
🗓️Sábado 13 xullo de 10:30 a 13:30
🎟️35€/30€ para matrocinadoras (cos materiais incluídos)
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Un obradoiro para explorar as relacións entre o corpo, a expresión plástica e as emocións 🧘🏻♀️🎨✨
Mediante diferentes técnicas pictóricas e escultóricas experimentaremos un novo xeito de recoñecernos, de mirar y mirarnos, descubrindo as posibilidades do trazo que o noso corpo pode expresar.
Que diferentes seres nos habitan? Que versións de nós mesmas non recoñecemos? A cales lles damos espazo e a cales non? Que nenas, animais, mulleres auga, mulleres aire, mulleres semente están dentro dunha mesma? Como descubrir á transgresora, á tímida, á crítica, á observadora de todas as demais? En que lugares dos nosos corpos se aloxan?
Corpo como lugar múltiple, habitado por diferentes eus.
Corpo como lugar de expresión e dialogo entre as súas diferentes partes.
🖌️Laura Álvarez é fisioterapeuta e artista plástica. Formada tamén en arteterapia e terapia Gestalt, facilita obradoiros nos que a expresión plástica dialoga co corpo, o movemento e a expresión corporal.
En todo o que fai intenta integrar o que sinte e a súa forma de vivir o corpo e a arte.... e dende aí o comparte co mundo.