OBRADOIRO DE COSTURA PARA PRINCIPIANTES

FELICETTA GUALTERI

📅 4, 18 e 25 de novembro e 2 de decembro
🕚 De 11 a 13 h
💶 45 € polas 4 sesións, cos materiais incluídos.

⚠️ Prazas limitadas!

Gustaríache aprender a coser ou afondar nos teus coñecementos de costura?

Feli, artista da reciclaxe téxtil e creadora de Supralab, chega á Morada cunha proposta para aprender, experimentar e crear coas propias mans.

Se nunca colliches unha agulla, poderás aprender desde cero e ao teu ritmo. E, se xa tes experiencia, tamén terás a oportunidade de afondar no mundo do patronaxe.

Un espazo para compartir coñecementos, explorar a creatividade e descubrir novas posibilidades para os téxtiles.