VÉN XOGAR COAS LETRAS!
CON VANESSA GLEMSEL
📅 Data: Os Mércores do 1 de outubro ao 17 de decembro
⏰ Hora: 18:00 – 20:00
💸 Prezo: 40€/mes 35€/mes para matrocinadoras
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Un obradoiro de escrita creativa en galego para quen queira traballar na corrección da súa escrita neste idioma, experimentar coa lingua e descubrir novas formas de contar.
Un espazo seguro e acolledor onde fomentar a imaxinación, a expresión persoal e o gozo de escribir.
📚 Que traballaremos?
✨ Tipos de narrador
✨ Descrición literaria e atmosfera
✨ Técnicas e recursos literarios
✨ Estruturas narrativas básicas
✨ Creación e desenvolvemento de personaxes
✨ Creación libre
📩 Ademais, en cada sesión (agás a última) levaraste unha proposta de escrita para a casa, coa túa corrección personalizada da docente.
Con Vanessa Glemsel @vanessaglemsel (Edicións Fetiche @facendolibros ), graduada en Estudos de Galego e Español pola UVigo, con ampla traxectoria en escrita creativa, spoken word e poesía escénica.