ESCRITA FEMINISTA
OTRAS NARRATIVAS
8, 13 E 15 DE MAIO
DE 18:30 A 20:30
50€ / 45€ MATROCINADORAS (AS TRES SESIÓNS)
Durante moito tempo, a literatura estivo marcada por voces e referentes masculinos, deixando fóra outras formas de pensar, sentir e narrar.
Neste obradoiro achegarémonos á escrita desde unha perspectiva feminista, tomando como base as voces de escritoras e xéneros disidentes que abriron camiños. Leremos, reflexionaremos e, sobre todo, escribiremos para explorar as nosas propias formas de contar e autorepresentarnos.
Un espazo para crear, cuestionar e continuar o relato 💜