clube de escrita poética

EDICIÓNS MALAFERA-BRANCA TRIGO

.🗓️ Os mércores de setembro, outubro, novembro e decembro de 19:30 a 20:00

🎟️ 25€ ao mes/20€ para matrocinadoras

DESCRICIÓN

Sabemos que o máis difícil de escribir é atopar a inspiración e un ambiente axeitado onde traballar. Por iso coordinamos este espazo dedicado á creación poética no que todas poderemos crear seguindo as ideas e os consellos das compañeiras.
Proporcionaremos material teórico e literario que servirá de base para que cada participante vaia construíndo os seus textos, e unha vez ao mes convidaremos a unha autora para que recite, dea un obradoiro ou fale da súa experiencia.
Cada mes haberá unha proposta, e rematará en decembro coa creación dun fanzine poético individual.

Programa orientativo:

Setembro: O son da poesía

  • Posta en común e lectura de textos teóricos e poéticos.

  • Creación literaria e traballo conxunto ao redor das composicións.

  • Visita de Samuel Merino.

  • Análise de textos de Samuel Merino, identificación e utilización de recursos

Outubro: Poética do espazo

Novembro: Poética do tempo

Decembro: O libro

MALAFERA E BRANCA TRIGO

Malafera é unha editorial independente e autoxestionada con sede en Vigo. Publica fanzines e libros de poesía en galego, aínda que está aberta a calquera obra monstrosa, mesturas de xéneros e formatos sen cabida no sistema literario tradicional.
Branca Trigo Cabaleiro é editora en Malafera e organiza xunto con outres poetas o microaberto Cerimonia de gaivotas. Publicou os libros Coñecemento do Medo (2021) e Condolore (2022), ademais de participar en diversos volumes colectivos.