EXPERIENCIAS NA MORADA:
COLAXE
📅 Sábado 11 DE ABRIL
🕙 De 10:30 a 13:30
💶 20 € / 15 € matrocinadoras
As Experiencias na Morada son unha oportunidade para pasar unha mañá creativa e gustosa en comunidade ✨
🎨 Obradoiro de colaxe
Comezamos propoñéndovos un obradoiro onde experientar, deixar fluir a imaxinación e sorprendernos coa creación colectiva.
Tamén haberá espazo para compoñer a nosa propia obra combinando diferentes materiais, texturas, cores e formas.
🍴 Petiscos e bebidas 😋
Acompañaremos a actividade cuns ricos petiscos e bebidas para compartir:
Humus con crudités
Tostas variadas
Limonada, cafés e infusións