OBRADOIRO ‘FALEMOS DO QUE NOS DOE’
🗓️ Mércores 2 de xullo de 16 a 21h
🎟️ 35€/30€ para matrocinadoras
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Obradoiro de dinamización cultural en torno ao dó 💫
En moitas ocasións, os dós que atravesamos permanecen na sombra: perdas que non se recoñecen socialmente, dores silenciadas por falta de espazos onde expresalos, experiencias que se viven en soidade. Estes dós invisibles merecen ser escoitados, comprendidos e lexitimados.
Este obradoiro propón un espazo de encontro, escoita e expresión en torno ao dó, co obxectivo de visibilizar estas vivencias e situar o coidado emocional no centro do diálogo social.
A través de ferramentas participativas, exploraremos como crear unha cultura que acolla a dor sen xulgalo, que o transforme en memoria, palabra e vínculo.
Dirixido a persoas que atravesaron procesos de perda e a quen desexe contribuír a unha sociedade máis empática, onde o coidado e a palabra compartida sexan parte da transformación colectiva.
Imaxe: escultura de Marisol “Dinner Date” (1963)