FONDO POÉTICO COMÚN
MUTISMOA
📆 Venres 15 de 16:00 a 21:00 h.
🎟️ 45€ / 35€ para estudantes da ESAD
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
O fondo poético é un concepto definido por Jacques Lecoq como unha dimensión abstracta feita de espazos, luces, cores, materiais, sons, as nosas vivencias e sensacións, todo o que miramos, escoitamos, tocamos e probamos. Unha dimensión que se atopa en cada un de nós.
Este imaxinario universal é o fondo poético común e neste curso imos aprender a utilizalo na creación do noso propio teatro.
🎯Obxectivos🎯
🔺Abrir a porta ao teatro do movemento.
🔺Traballo sobre a presenza escénica.
🔺Espertar e afondar no corpo psico-físico do artista.
🔺Adquirir ferramentas para a creación de personaxes.
CON MUTISMOA
Con Mutismoa Teatro @mutismoa_teatro: unha compañía de teatro físico composta por Sergio Llauger e Gema González que naceu en 2021 e se dedica á produción de obras teatrais que integran linguaxes contemporáneas e buscan a accesibilidade ao público da arte dramática popular.
Todas as súas creacións están baseadas nas teorías de Jacques Lecoq e nas ferramentas que proporcionan, nas que se enmarca o Fondo Poético Común.
En 2021 estrea a súa primeira produción, “Romeo e Xulieta. O espectáculo definitivo”, finalista nos premios Xuventude Crea'21.
En 2022 estrea “PATÉTICO”, unha traxicomedia musical que combina elementos de autoficción coa tradición do bufón contemporáneo. Esta formaba parte do circuíto Dinamizart'23. Ese mesmo ano, Mutismoa Teatro amplía o seu repertorio con “Cuentos Rebeldes”, o seu primeiro espectáculo dirixido ao público infantil.
En 2024, participou no festival Madrid Clasicoff, organizado por Nave 73, e este ano tamén xurdiu “A princesa que decidiu non durmir”, o seu segundo espectáculo infantil, da colaboración coa compañía de teatro madrileña Xandura.