FOTO CO MÓBIL

🗓️ Sábado 1 de MARZO de 10:00 a 14:00

🎟️ 50€

Aprende a compoñer fotografías co teu móbil en 4 horas. Máis de 10 técnicas compositivas, dende o retrato ata a paisaxe.

Este obradoiro está dirixido a persoas con interese pola fotografía.

O obradoiro estará dividido en 1 hora de teoría e 3 horas de práctica, onde aprenderemos a entender a luz, utilizando a cámara do móbil como ferramenta.

CANDELA BALBOA

Candela Balboa é unha fotógrafa social cunha traxectoria de 10 anos. A súa experiencia céntrase nas persoas. Desde vodas ata sesións, a súa fotografía é artística, sen descoidar a técnica necesaria para crear fotografías atemporais