OBRADOIRO de ILUSTRACIÓN
CON LAURA CANEIRA
🗓 VENRES 18 de xullo
🕕 18:00 – 20:00
👥 Para todos os públicos (mín. 6 – máx. 10 persoas)
💸 30€ - Materiais incluídos (non se poden levar, pero a túa ilustración si!)
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Neste taller imos reconectar co analóxico, co erro, co xogo e co tempo lento da creación.
A través da técnica do estarcido con stencil e tinta, exploraremos a nosa imaxinación partindo da textura e a mancha.
🔸 Crearemos sen presión polo resultado.
🔸 Investigaremos o noso propio proceso creativo.
🔸 Ao rematar, construiremos un animalario fantástico inspirado en textos literarios
Laura Caneira
Ilustradora e artista gráfica (Caracas, 1993), formada en Belas Artes e especializada en libro ilustrado. Publicou con Editorial Xerais e fixo murais en escolas de Galicia. O seu traballo bebe da natureza, a comunidade e as relacións humanas.