INSCRICIÓN

AS BASES DA IMPRO TEATRAL

CON VÍCTOR CASTRO BERNÁRDEZ

📅 Data: xoves 23 de outubro
🕡 Hora: 18:30 h
💶 Prezo: 25 € non matrocinadoras / 20 € matrocinadoras

🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.

Neste obradoiro traballaremos as bases da improvisación teatral: a escoita, a aceptación e a sensibilidade.
Un espazo para reconectar coas nosas capacidades creadoras e dar vida a historias espontáneas en grupo. ✨

👤 Imparte: Víctor Castro Bernárdez @‌vic_thork
Formado en Espazo Aberto, escola de teatro e danza.
Licenciado en Historia pola USC e graduado en Dobraxe pola Universidade Fernando Pessoa.
Improvisador dende 2015, recibiu formación de profesionais como Omar Argentino, Antón Coucheiro “Cou”, Alfonso Medina “Alfi”, Rafa Villena e Dani Blanco.
En 2019 proclamouse Subcampión Galego por Flash Freestyle e Campión Galego por LP Battles.