XOGOS DE IMPROVISACIÓN

🎭 PAULA PIER

Os mércores de 18:00 a 19:30

30€/mes unha clase á semana

DESCRICIÓN:

O xogo da improvisación como xogo onde atopar liberdade. Liberdade creativa, liberdade expresiva, liberdade na diversidade. Todo vale. Todo ten cabida.

Non precisades traer nada de antemán, nin coñecementos específicos nin ferramentas teatrais. Só ganas de entregarvos ao xogo e que sexa a propia dinámica a que nos faga descubrir lugares e coñecer o noso imaxinario.

Xogar sen saber a onde imos pero igualmente imos. Vides con nós?


                               PAULA PIER:

É licenciada en Interpretación pola ESAD de Galicia e ten un Master en teatro Musical. Ten formación en formato Long form con Gigio Giraldo de Arkamlab e Lorenzo Pons de Trampateatre, en impro musical con Daniel Sota de Al Tran Tran impro i en Dramaturxia da impro con Antón Coucheiro.

Dende o 2014 traballa como docente de teatro en Igualdade con mulleres adultas nos Concellos de Mos e Vigo e en diversos centros socias e colexios.

É integrante da compañía @8mmteatro coa que improvisou dende o ano 2014 até o 2021 e ten un espectáculo de impro xunto con @arantxatreus, Omar Ferrín e Rafa Durán activo neste 2022.