INSCRICIÓN

LACTOFERMENTADOS

CON FERMENTOS DA MEIGA

📅 Sábado 31 de xaneiro
🕙 De 10:00 a 14:00
💶 50 € / 45 € matrocinadoras

🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.

Obradoiro de lactofermentados: chucrut, kimchi(ño) e salmoira

Os fermentados son unha das formas máis antigas e sinxelas de transformar e conservar os alimentos 🌿
Neste obradoiro aprenderás a crear os teus propios fermentos e a converter verduras cotiás en alimentos vibrantes, saborosos e cheos de vida para acompañar as túas comidas.

Falaremos da fermentación caseira como saber ancestral transmitido de xeración en xeración. Veremos que aspectos ter en conta antes de comezar, as medidas básicas de seguridade e os principais tipos de fermentación.

Un convite a reconectar coas raíces, recuperar prácticas que nos fortalecen e devolverlle á fermentación o seu lugar no día a día ✨

Con Sole Saburido Álvarez, doutora en bioloxía vexetal. Nos últimos anos centrou o seu traballo na preservación das tradicións a través das sementes, das plantas e da fermentación.
🌱 Fermentos da Meiga recupera técnicas ancestrais, adaptándoas ao presente para coidar da saúde, das persoas e do medio ambiente.