LIMPEZA SOSTIBLE PARA TODAS
🗓️ O sábado 19 de outubro de 10:30 a 13:30
🎟️ 30 € (inclúe materiais)
Neste obradoiro descubriremos que manter a nosa contorna libre de tóxicos é tan importante coma a hixiene dos nosos corpos....
Que aprenderás?
🌱 As razóns polas que os limpadores (tanto do fogar, coma corporais) poden resultar tóxicos para as nosas vidas.
🌱 A desenvolver os teus criterios para escoller produtos de limpeza sostibles.
🌱 Cómo usar produtos naturais (e eficientes) para a limpeza da casa e a hixiene corporal.
🌱 A elaborar pasta de dentes, colutorio e desodorante baseados en aceites esenciais (No caso de que nos dea tempo, tamén elaboraremos algún producto de limpeza para o fogar).
A quen vai dirixido?
“Todas” somos tódalas persoas que convivimos na mesma casa, os animais que nos acompañan na nosa vida, as augas arrastradas polos nosos desagües, as árbores que medran ao carón dos ríos onde chegan os subprodutos xerados durante as nosas rutinas de limpeza e hixiene corporal...
Da man de CUARZO VERDE.