MAQUILLAXE DRAGKING
AYMAR NOTE
🗓️ SÁBADO 16 DE NOVEMBRO de 11h a 13h
🎟️ 25 €
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Un achegamento ao maquillaxe dragking de xeito práctico con algunha dinámica previa ou posterior.
Os obradoiros en igualdade, diversidade, drag....son un espazo de empoderamento no que partillar e aprender entre todas. Se buscas un lugar distendido onde ser, este é o teu espazo.
Esperámosvos cos brazos ben abertos e a pluma moi alta!!!
CON AYMAR NOTE
O seu nome dragking é Aymar Note pero todes coñécena como Grey.
É traballadora social especializada en xénero pola Universidade de Lleida. Activista no seu día a día e tamén travesti. Dende fai uns anos atópase organizando a Gala dragking de Vigo, co obxectivo de xerar espacios diversos onde todo o mundo poda ser, e tamén como unha forma de visibilizar a arte dragking dende a crítica ao xénero e aos estándares sociais, empregando a performance e o mamarracheo, entre outras.