OBRADOIRO DE mini bordados

en punto de cruz

LÚA Mosquetera

📅 Sábado 11 de xullo
🕚 De 11:00 a 13:30 h
💶 50 € (Todo o material está incluído)

Aprende a crear pequenos bordados en punto de cruz nun obradoiro creativo, relaxado e apto para todos os niveis 🌼

Podes traer unha prenda para personalizala ou bordar sobre tea. Teremos varios patróns preparados para que, ademais do que fagas durante a sesión, leves máis deseños para seguir creando na casa.