MOVEMENTO PUNK

BARRUFE VISUAL

🗓️ Sábado 28 de setembro de 11 a 13h

🎟️ 20€

Obradoiro de collage sobre o movemento punk.

“Barrufar” é un concepto que abraza o delirante, a fluidez e o sin sentido, cuxo único obxectivo é o seguinte: a improvisación. É así como Robin Hannon (deseñadora gráfica) e Alba Sestelo (historiadora da arte) cocrean Barrufe Visual @‌barrufevisual, un espazo de divulgación artística que prioriza o xogo, a imaxinación e o desenvolvemento creativo; mesturando o deseño gráfico, a escritura creativa e a historia da arte. O obxectivo destas sesións é levar a cabo deseños con total liberdade creativa, seguindo o seu leitmotiv: “non existe a perfección nin os límites”.

Nesta ocasión, presentan un obradoiro sobre o movemento punk, que abranga a súa orixe e características principais.

Coa finalidade de levar a cabo o noso propio collage, unha técnica moi empregada polos punks para realizar os cartéis dos seus concertos, fanzines ou pancartas reivindicativas, que lles permitía crear de maneira inconsciente a través de recortes feitos a man, superposición de materiais reciclados e tipografías aleatorias.