INSCRICIÓN

PATIO DE PRACER CON-SENTIDO

Señora Placerful

🗓️ Todos os PRIMEIROS martes de cada mes de 19:00 a 20:30

🎟️  Espazo non mixto

25€/sesión → 20€/sesión para matrocinadoras

Un espazo de encontro entre mulleres para explorar o pracer como forza vital, política e comunitaria.

Creamos un patio íntimo e seguro onde:
✨ o corpo é centro
✨ o coidado é práctica
✨ o pracer é dereito

A través da erótica global e o botrato, reconectamos co desexo propio e compartido, recoñecendo a sexualidade como parte esencial da nosa saúde persoal, relacional e colectiva.

🌿 Mediante dinámicas vivenciais, cuestionamos mandatos, desaprendemos roles limitantes e abrimos camiño cara unha vida máis libre e gozosa.
Porque o pracer non é só individual: é vínculo, é resistencia, é comunidade.

👩‍🏫 Guía a proposta:
Cheché (María García) @‌senhora.placerful.
Activista do pracer, sexóloga e educadora afectivo-sexual, cun enfoque ecofeminista e transformador.