PATIO DE VECIÑAS

Espazo para rosmar, intercambiar saberes e gozar en comunidade

PATIO DE ROSMONAS

Os mércores de 18:30 a 20:00

De balde e aberto a todas as veciñas, sexades ou non matrocinadoras.

Espazo non mixto.

Un espazo onde poder rosmar en colectividade, dinamizado por Majo, a rosmona maior.

Un grupo de rosmonas para falar en alto destas situacións da vida diaria que nos fan rosmar nun momento dado, que nos acenden, que nos indignan ou confunden, pero que non temos con quen desafogalas en alto. Aínda que só sexa para sacalas da cachola, ou quen sabe se para preparar unha acción que converta o rosme en berro.

Puntada a puntada
Escollemos o tempo das mans
sobre a velocidade das máquinas.

Compartimos a sabedoría en comunidade fronte ao individualismo influencer.

O poder sanador da tribu.
Transformando o que non nos gusta.

Contra a obsolescencia das modas
reforzamos o noso carácter
preservando a nosa contorna.

Contra a depredación de recursos
unha nova oportunidade

PATIO DE PRACER CON-SENTIDO

Todos os primeiros e terceiros luns de cada mes de 18:00 a 21:00.

De balde

WIKIMORADA: grupo de editoras da wikipedia

Os segundos e cuartos luns de cada mes de 18h a 21h

(Vén cando queiras, non é preciso estar as 3 horas)

De balde e aberto a todas as veciñas, sexades ou non matrocinadoras.

Espazo non mixto.

Trae o teu ordenador.

A Wikimorada é un espazo de encontro no que nos reunimos para reducir a fenda de xénero na Wikipedia a través do coñecemento libre e a acción colectiva !

Nestes encontros:
📚 aprendemos a editar
🔍 investigamos e documentámonos
💬 debatimos e reflexionamos
🤝 creamos comunidade e acción feminista
🍬 e, por suposto… compartimos tardes e chuches!

Cremos no coidado colectivo e no coñecemento libre como ferramentas de transformación social !

Contamos cunha pequena biblioteca con libros de autoras moi diversas: novela, poesía, banda deseñada, ensaio, pensamento feminista…

Están disponibles para ler no noso local pero tamén, se es matrocinadora, podes levalos para casa.

BIBLIOTECA FEMINISTA