PERFORMANCE ART
GABA DA PATAGONIA
🗓️ Sábados 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro de 11:00 a 14:00 horas.
🎟️ 60€ as 4 sesións
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
Se estades interesadas nesta forma de creación, convidámosvos a participar neste obradoiro. Pensado para ser unha inmersión completa na performance (teoría e práctica), permitirá ás participantes crear as súas propias obras, explorando e compartindo nun ambiente estimulante, xerando un ambiente de apoio e colaboración para realizar o traballo.
Patagónica. Activadora de prácticas artísticas interdisciplinares. Traballou en Bos Aires, Patagonia, España, Nova York, París, Ecuador e Colombia en performance, teatro, cine e publicidade. Tamén imparte clases de teatro, performance e videoarte. É galega retornada.