INSCRICIÓN

Práctica de Movemento Creativo

con Amparo Martínez Paz

🗓 Sábado 15 de novembro
🕚 11:30 – 13:30 h
💶 35 € / 30 € matrocinadoras

🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.

Un espazo para escoitar o corpo, coñecer os seus límites e descubrir as súas infinitas posibilidades.
Traballaremos coa respiración, a enerxía e o movemento fluído, desde o coidado e o respecto.
Non competimos: experimentamos, improvisamos e creamos.

A improvisación é a nosa ferramenta para romper patróns, liberar o corpo e activar o potencial creativo que ás veces esquecemos que temos.

A práctica convida a escoitar, explorar e gozar dunha nova linguaxe de movemento.

Imparte Amparo Martínez Paz: Coreógrafa e pioneira da Danza Contemporánea en Galicia