PURO CIRCO
🗓️Sábado 1 de febreiro de 11:30 a 13:00
🎟️15€
Un obradoiro multidisciplinar no que experimentaremos con malabares 🤹🏻♂️, acrobacias 🤸🏽♀️e equilibrios 👣
O principal obxectivo é que as persoas participantes descubran os beneficios do circo, como o desenvolvemento das habilidades interpersoais, a cooperación, o traballo en equipo, a axuda, a superación persoal... Sen esquecer a diversión e o entretemento!
Non é necesario ningún coñecemento previo: o obradoiro é accesible a todo o mundo. Queremos pasalo ben, experimentar e aprender descubrindo.
Que imos facer?:
🤹🏻♀️Malabares: foulards, pelotas, flower stick, pratos chinos
👣Equilibrio: bola rola, barril, bola de equilibrio
🤸🏻Acrobacia: portés en grupo
"Atípico" é un proxecto de circo educativo e recreativo, co que Claudio Casaccia imparte clases e animacións para crianzas, mocidade, persoas adultas e familias.
Claudio é malabarista dende 2004 e monitor de circo dende 2014 e de escalada de árbores dende 2021. Cursou a Formación Pedagóxica en Artes do Circo na École de Cirque de Bruxelles (Bruxelas, Bélxica) en 2013. Un ano despois especializouse en circo adaptado para persoas con discapacidade na mesma escola, e participou na formación “Circus Trans Formation” para monitorado de circo social da rede europea Caravan Circus Network. Desde entón, traballou como formador multidisciplinar en Bélxica, Suíza, Italia, Luxemburgo, España e Cambodia.