OBRADOIRO DE REGUEIFERAS E PRODIXIOS

SILVIA VILLAR e BRANCA TRIGO

📅 Venres 23 de outubro de 18h a 21h e sábado 24 de outubro de 11h a 13h
🎤 Mostra: sábado 24 de 13h a 14h
👥 Para calquera que se queira apuntar
💶 25 € (20 € para matrocinadoras)

Chega a Morada un obradoiro de regueifa con mostra de man de Silvia Villar e Branca Trigo, no que traballaremos a improvisación oral a partir de figuras mitolóxicas desde unha perspectiva de xénero. Todo isto, enmarcado no ano de Begoña Caamaño e no mes do Samaín! 🎃

Elas son dúas regueifeiras e, sobre todo, amigas, que levan desde o 2017 colaborando en obradoiros e actuacións de regueifa.