SERIGRAFÍA

ALBA SANTA

🗓️ VENRES 4 DE 17 A 20H e SÁBADO 5 DE 11 A 14H

🎟️ 55€ /50€ matrocinadoras

A serigrafía é unha técnica de impresión masiva para reproducir imaxes en case calquera material, transferindo a tinta a través dunha malla tensada. É unha técnica de impresión milenaria!

Conta a lenda que na antiga China utilizaban o pelo trenzado das mulleres para facer as mallas das pantallas de serigrafía... pero non te preocupes, neste obradoiro non teremos que cortarnos o pelo, só queremos experimentar e descubrir unha nova disciplina artística.

Neste obradoiro comezaremos de cero empregando a técnica de serigrafía con plantillas. Podes traer un deseño, debuxo, texto... ou inspirarnos aquí! Non é preciso ter ningún coñecemento previo, só ganas de pasalo ben.

Ao remate do obradoiro levarás o teu deseño impreso tantas veces como queiras 🌿🌿🌿

O obradoiro inclúe todo o material de serigrafía e unha bolsa de tea + papel para cada participante, pero podes traer calquera prenda téxtil que queiras personalizar (ten que ser 100% algodón!) e papeis a partir de 165 g.

👩🏻‍🎨 Alba Santa é unha ilustradora e artista gráfica pontevedresa que centra o seu traballo na vida cotiá, na amizade e no sentimento de pertenza a un fogar. Ponlle unha cara a calquera obxecto inanimado para que poida "falar con eles". Actualmente traballa no seu proxecto de marca e ilustración persoal.