TALLER DE ARTE
🕦 Os xoves de 18:00 a 19:30
🎫 35 € / mes cos materiais incluídos
🔊 O grupo comeza o 18 de setembro. Vén probar a primeira clase gratis!
Se vés con crianzas ou persoas dependentes, farémonos cargo de que estean atendidas e a gusto! (De balde para as matrocinadoras e 3€/sesión para as non matrocinadoras)
🤝🏻 Se tes dificultade para acceder ao obradoiro, contáctanos para coñecer o noso programa de bolsas.
DESCRICIÓN:
Este é un espazo para a experimentación, a indagación e a creación  artística empregando diferentes ferramentas plásticas: pintura, debuxo,  estampación, colaxe, escultura…
A práctica artística proponse como un percorrido onde  atoparnos ou perdernos, gozar e sandar, unha aventura transformadora, un lugar  diferente dende onde mirar o mundo e resituármonos nel. 
Partimos  sempre das experiencias persoais, facilitando un espazo onde a  expresión e a creatividade de cada persoa poida desenvolverse  libremente. Tamén propoñemos procesos de reflexión e creación  colectivas. 
FEDRA ALCARAZ LADRERO:
Fedra Alcaraz Ladrero, Licenciada en Belas Artes, concibe a actividade  artística como unha poderosa ferramenta para a transformación persoal e  colectiva. Non se considera artista, pero cando está creando séntese o  ser máis feliz do mundo.
