TEATRO DAS OPRIMIDAS
EVA GLORIA
🗓️
7 de febreiro, de 17:00 a 21:00
8 de febreiro, de 11:00 a 14:00
🎟️ 50€/45€ matrocinadoras
Queres explorar as opresións que te afectan de maneira creativa e transformadora e non sabes por onde comezar? Gustaríache analizar como as desigualdades sistémicas nos impactan como individuas e como colectividade? O teatro pode ser unha ferramenta para cambiar as nosas realidades !
O Teatro das Oprimidas é unha metodoloxía transfeminista, anticolonial e antirracista desarrollada por Bárbara Santos, que busca desmantelar as estruturas de poder e as narrativas dominantes que nos convencen de que non somos capaces de transformar a nosa realidade. Non se trata só de facer arte, senón dun exercicio de liberdade que emprega a Estética das Oprimidas para cuestionar, reflexionar e xerar cambios.
A Estética das Oprimidas é un conxunto de actividades que estimula a creatividade e a producción crítica de cultura e coñecemento, co fin de fortalecer ás persoas para que poidan transformar as súas propias vidas.
Neste workshop introductorio terás a oportunidade de coñecer un anaco desta fascinante metodoloxía do Teatro das Oprimidas. Usaremos a Estética das Oprimidas para facilitar unha investigación artística que nos permita abordar as inxustizas que nos atravesan, poñendo en marcha as primeiras sementes de transformación. A través do xogo, a risa e a creatividade, exploraremos novas formas de abordar as opresións que vivimos, iniciando un proceso de autoliberación e fortalecemento colectivo.
O noso traballo é colectivo, porque a verdadeira transformación acontece cando actuamos como grupo, construíndo novas realidades xuntas.
O proceso será guiado por Eva Gloria pedagoga teatral e facilitadora con ampla experiencia no Teatro das Oprimidas. Eva é parte de Madalena-Berlín e da Rede Internacional Ma(g)dalena, ademais de ser coordinadora de KURINGA, centro de Teatro das Oprimidas en Berlín. Con máis de 10 anos de experiencia en contextos diversos, Eva é experta en crear espazos inclusivos para a libre expresión e a transformación colectiva.